Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A participación política dos emigrantes galegos: (1905-2010)

  • Autores: Anxo Lugilde Pardo
  • Directores de la Tesis: Xosé M. Núñez Seixas (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2010
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Ramón Villares Paz (presid.), Guillermo Manuel Márquez Cruz (secret.), Ana Isabel Fernández Asperilla (voc.), Àngel Duarte Montserrat (voc.), Marcela García Sebastiani (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: TESEO
  • Resumen
    • O obxecto da investigación é o xurdimento do debate sobre os dereitos políticos dos emigrantes galegos e españois no primeiro terzo do século XX, a autorización do voto desde o estranxeiro polo Goberno de Adolfo Suárez desde 1976 e a posterior evolución das dinámicas socio-políticas que xurdiron ao seu redor, tanto no estado de orixe como nos de acollida. A investigación responde a relevancia acadada polos emigrantes na vida política galega, resumida no 6% dos votos totais que achegaron estes nas eleccións autonómicas de 2005, proporción cinco veces maior á media española e da que só se coñece un caso comparable no mundo, o de Cabo Verde. Ao tratarse dunha cuestión de competencia do Goberno central, que historicamente se discutiu no ámbito español, é preciso analizar a súa evolución no conxunto de España. A tese é a continuación do meu Traballo de Investigación Tutelado (TIT) â¿¿Orixes do voto emigrante: 1900-1936â¿¿, centrado no xurdimento da reivindicación dos dereitos políticos para os expatriados españois de América. Para desenvolver a investigación cómpre afondar en aspectos como o da relación entre as demandas das colectividades españolas e italianas, simultáneas no tempo; as resistencias existentes no sistema político da Restauración fronte a unha reivindicación que, grazas ao apoio do hispanoamericanismo, tivo un significativo espallamento no abano ideolóxico español; os cálculos políticos que fixo a ditadura de Primo de Rivera para estender o chamado plebiscito nacional de setembro 1926 aos consulados e embaixadas no estranxeiro, no que constitúe o primeiro precedente de participación política dos emigrantes españois; as posicións das elites republicanas do interior de España e da emigración que no momento de elaborar a Constitución de 1931 viran respecto ás súas posicións nas décadas anteriores sobre os dereitos políticos dos expatriados e as reviravoltas desta cuestión ao longo da elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. No referente ao franquismo os principais obxectivos da investigación consisten en estudar o discurso político do réxime ante a emigración e os emigrantes e comprobar se houbo algún intento de abrir canles para a participación dos expatriados no sistema corporativo como os houbera na ditadura de Primo de Rivera. Na Transición trátase de verificar a hipótese de que, baixo o influxo dos exemplos francés e portugués e coa idea de acometer unha reparación aos exiliados, o Goberno de Suárez actuou a partir de cálculos electorais para asegurarse o apoio no exterior no referendo do 76 e limitar o voto nas lexislativas de 1977 porque ía ser favorable a esquerda. A hipótese é que este móbil da manipulación electoral dos emigrantes, como reserva de votos, é o eixe central das decisións tomadas polos posteriores gobernos españois neste eido, que supuxo a multiplicación do censo dúas décadas despois da desaparición do éxodo español ao exterior e cando España xa se convertera nun país receptor de inmigración. A investigación completarase coa análise das dinámicas socio-políticas ao redor do voto emigrante a escala local e autonómica, baixo ese mesmo hipotético principio do uso instrumental por parte dos poderes públicos de cada intre.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno