Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz

  • Autores: María Eulalia Agrelo Costas
  • Directores de la Tesis: Blanca Ana Roig Rechou (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2015
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Anxo Tarrío Varela (presid.), Carmen Franco Vázquez (secret.), Jose Antonio Magalhaes Gomes (voc.), Isabel Mociño González (voc.), Sara Reis da Silva (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Dialnet Métricas: 5 Citas
  • Resumen
    • O obxectivo central desta tese doutoral é demostrar como Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) se formou na institución docente, chegou a ocupar o seu centro e, desde ela, o centro da institución literaria. Un proceso que se articulou sobre todo a partir da publicación de obras de creación dirixidas en primeira instancia aos máis novos, é dicir, as que conforman a literatura infantil e xuvenil galega.

      No primeiro capítulo dáse conta da metodoloxía empregada que se sustenta sobre todo nas teorías sistémicas, que se complementan con outras referencias que permiten abordar con máis detalle aspectos de interese da institución literaria e institución escolar. Nel tamén se alude ás memorias de vida, unha metodoloxía de investigación histórica-educativa moi acaída para o caso, pois os capítulos constitutivos da experiencia profesional de Fernández Paz son os que o sitúan na institución académica, desde onde ha de chegar ao centro do canon literario.

      Nos sucesivos capítulos, do segundo ao quinto, acóllese o contexto político, social e cultural, no que se encadra a memoria de vida de Fernández Paz, desde os anos da infancia en Vilalba. Detállase o seu proceso formativo e o seu quefacer no proceso de transformación e galeguización do sistema educativo desde a entrada na etapa democrática a través dos movementos de renovación pedagóxica e a elaboración de manuais escolares para o ensino da lingua e literatura galega. Nestes manuais fíxanse os seus primeiros textos literarios, dos que parten moitos dos fíos que tecen as obras fundacionais do seu proxecto estético-literario, que enceta en 1989 coa publicación de A cidade dos desexos. As achegas creativas de finais dos anos oitenta e principios dos noventa estúdanse devagar por representaren o acceso de Fernández Paz á institución literaria, anunciaren as claves da súa escrita e contribuíren, dun xeito decidido, á creación dun sistema literario infantil e xuvenil, do que nunca se deixan de amentar os pasos que vai dando ao abeiro da institución académica.

      Sen perder de vista o marco contextual e a memoria de vida, séguese a escrita continuada de obras literarias para os máis novos por parte do autor de Vilalba desde mediados dos anos noventa ata a súa xubilación a fins da primeira década do século XXI. Pouco e pouco, as súas obras fóronlle dando unha maior notoriedade na esfera pública e encamiñárono cara ao centro da institución literaria, amparado sobre todo pola cálida aceptación do lectorado, o trato amable da crítica e o prestixio outorgado pola consecución de numerosos premios, entre os que cómpre citar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Así mesmo, a revisión analítica da súa produción literaria destes anos ata a actualidade define cada vez con máis claridade as liñas nas que se asenta a súa escrita de marcas temáticas e discursivas xa moi perfiladas, que o acaban situando no centro do canon literario ao abandonar o seu exercicio docente pola solidez, recoñecemento e proxección dunha poética de liñas moi definidas. De aí que se converta nun autor clásico contemporáneo da literatura infantil e xuvenil galega e nun referente do polisistema cultural galego, amais de ser exportada a súa creación a outros sistemas literarios mediante a tradución.

      O capítulo sexto sintetiza as chaves do macrotexto que compoñen as obras literarias de Fernández Paz, a partir das constantes que se foron repetindo coa aparición das súas sucesivas narracións. Todo un acio de marcas que lle dan corpo a un conxunto de textos literarios ganduxadas por compoñentes narrativas, estratexias discursivas, focos temáticos e motivos específicos que lle dan unha consistencia específica e identificable á súa produción literaria.

      Péchase coa exposición das conclusións deste traballo de investigación e cos apartados dedicados á bibliografía e webgrafía.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno