Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Caracterización da raza galiña de Mos

Diego Rois Losada

  • Nos últimos anos a FAO, ven alarmando da perda de razas. Para establecer estratexias de conservación dunha raza autóctona, requírese información sobre características fenotípicas, a súa orixe, sistemas de produción, evolución dos seus censos, rasgos xenéticos singulares e a tipificación das súas producións e reproducións.

    Neste traballo faise a caracterización da raza e as recomendacións para unha xestión eficiente.

    A Galiña de Mos ten referencias escritas desde o ano 1936, tras ser seleccionada a partir de exemplares da zona da Terra Chá, na provincia de Lugo, aínda que existían exemplares por todo o interior de Galicia. A súa orixe xenética é moito anterior. Tras ser empregada décadas atrás en produtos avícolas de calidade, a chegada da avicultura industrial provocou o abandono progresivo da súa cría ata situarse ao bordo da extinción.

    A implantación dun Programa de Conservación na raza, permitiu a recuperación dos seus censos ata ter 6.253 reprodutores, con 26.373 nacementos en 2014, sendo a raza de galiñas autóctonas españolas con maior censo.

    A súa produción oveira foi de 185 ovos anuais, tendo este produto unhas cualidades nutritivas diferencias, con gran cantidade de aminoácidos esenciais, con elevadas proporcións de xema e menor humidade que as estirpes industriais. A produción cárnica destacou nos catro produtos analizados, Galo, Capón, Pularda e Galiña, en comparación ás estirpes industriais, por ser de elevado rendemento en partes nobres, cunha carne fina e cun sabor máis intenso. A pel mostra unha cor amarela uniforme sendo moi fina, con pouca graxa subcutánea. Son carnes moi nutritivas, zumarentas, tenras, pouco fibrosas, cunha cor máis intensa e boa intensidade de olor. Con pouca graxa, que ademais é de alta calidade e moi saudable, cunha alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, de omega 6 e de omega 3.

    A súa xenética permite obter produtos diferentes, os sabores de antes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus