Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O tombo das viñas de ribadavia: Estudo histórico e lingüístico

Luz Méndez

  • Con esta tese de doutoramento, O Tumbo das viñas de Ribadavia. Estudo histórico e lingüístico, quérese facer unha achega á investigación sobre os primeiros textos romances de Galicia.

    O traballo baséase na interdisciplinaridade e por iso abrangue todos aqueles aspectos que se consideraron necesarios para o perfecto encadramento dos textos que compoñen o pergamiño coñecido como Tumbo das viñas no seu tempo e no seu contexto lingüístico. Deste xeito, tratáronse aspectos paleográficos, diplomáticos, históricos prosopográficos e lingüísticos. Estudáronse de xeito especial as características diplomáticas, para profundar no tipo documental enquisa que, dentro da categoría dos documentos non dispositivos, emerxe como fornecedora dos primeiros textos nas linguas romances do noroeste peninsular. A este respecto, ofrécese unha panorámica da enquisa na documentación galega desde os primeiros textos ata o ano 1300, a partir dun corpus de preto de cen documentos.

    Con particular detemento e coa metodoloxía da lingüística histórica e comparada, realizouse tamén o estudo da lingua dos textos que compoñen o Tumbo das viñas, que inclúe a súa gramática, o seu léxico e unha pormenorizada investigación da onomástica, tanto persoal coma dos nomes de lugar.

    As conclusións deste traballo permitiron datar os documentos, establecer os posibles motivos da súa elaboración e situalos no seu contexto histórico particular así coma nos correspondentes ámbitos lingüísticos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus