Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacharelato, baseada na formulación xeométrica de Minkowski

  • Autores: Xabier Prado Orbán
  • Directores de la Tesis: José Manuel Domínguez Castiñeiras (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2010
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Antonio José de Pro Bueno (presid.), José Antonio Cajaraville Pegito (secret.), Francisco Javier Perales Palacios (voc.), Joaquín Díaz de Bustamante (voc.), Susana García Barros (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • RESUMO DA TESE DE D. XABIER PRADO ORBÁN DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DUNHA PROPOSTA DE ENSINANZA DA RELATIVIDADE ESPECIAL EN PRIMEIRO DE BACHARELATO, BASEADA NA FORMULACIÓN XEOMÉTRICA DE MINKOWSKI Marco teórico e formulación dos problemas e hipóteses de investigación: Realizouse a revisión bibliográfica nos contextos anglosaxón e latinoamericano: antecedentes do traballo, propostas de ensino da teoría da relatividade especial, e dificultades de aprendizaxe da mesma. A partires de dita revisión, elaborouse o marco teórico da tese do que se inferiron os problemas de investigación e se formularon as correspondentes hipóteses de traballo.

      Asimesmo, tomando como referencia o DCB da comunidade autónoma de Galicia, deseñouse a proposta didáctica sobre o ensino da teoría da relatividade especial en primeiro de Bacharelato, que constitúe a variable independente da investigación de tese de doutoramento. A partir dela elaboráronse os materiais de traballo do alumnado.

      Instrumentos de recollida e análise da información: Elaboráronse as correspondentes baterías de probas para proceder á caracterización inicial da mostra e a avaliación do progreso na súa aprendizaxe, despois da intervención na aula coa proposta didáctica xa mencionada. Ditos instrumentos validáronse mediante unha proba piloto, desenvolvida durante o primeiro trimestre, en cuarto curso da educación secundaria obrigatoria. Ditas probas están constituídas por secuencias de actividades coas que se pretende que os alumnos activen esquemas de pensamento (razoamento e acción) asociados coa competencia científica e aqueloutras competencias que, con carácter transversal, se traballen durante a instrucción: competencia matemática, comunicativa, aprender a aprender, e as relacionadas coas actitudes e valores cara a ciencia e a súa aprendizaxe.

      Implementación da proposta didáctica na aula de Física e Química de primeiro de bacharelato: Desenvolveuse durante o segundo trimestre do curso 2007-2008, nun curso de primeiro de bacharelato do instituto de educación secundaria ¿Pedra da auga¿ de Ponteareas (Pontevedra).

      Dita intervención foi grabada en video e audio (12 h), e recolléronse 250 fichas cubertas polo alumnado que conteñen un total de 1200 items. Destes materiais resultaron máis de 2000 datos significativos para a análise detallada do proceso de ensino-aprendizaxe.

      Análise de resultados: O alumnado realizou as probas de caracterización inicial, caracterización final e de retención -esta última realizada cos mesmos alumnos despois de varios meses- para comprobar unha importante compoñente da aprendizaxe significativa: a retención dos coñecementos na memoria a medio prazo.

      Realizouse a fase de análise de datos na que se elaboraron os esquemas de pensamento (razoamento e acción) que activaron os alumnos durante a caracterización inicial da mostra, a implementación da proposta, a caracterización final, e a retención.

      Ditos esquemas clasificáronse utilizando os niveis ¿g¿ que permitiron realizar un contraste estatístico entre os esquemas de pensamento activados polo alumnado durante cada unha das fases mencionadas. Isto prermitíu comprobar a significatividade estatística dos resultados.

      Conclusións e implicacións didácticas: A investigación realizada permitíu comprobar a idoneidade da proposta de ensinanza sobre relatividade especial en primeiro de Bacharelato e avanzar suxerencias de mellora da mesma. Ademais puxéronse de manifesto resultados que permitiron concluir a posibilidade de adiantar a ensinanza dos aspectos cualitativos da citada teoría, a cuarto curso da educación secundaria obrigatoria.

      Asimesmo púxose de manifesto a idoneidade dos instrumentos de recollida de información para elaborar os esquemas de pensamento activados polo alumnado.

      Ditos esquemas de pensamento manifestáronse como instrumentos útiles de análise para medir o progreso na aprendizaxe do alumnado, así como para determinar a significatividade estatística dos resultados.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno