A presente investigación analiza a construción mediática do conflito político en Galicia, tomando como unidade de análise o tratamento que realizou a prensa do fenómeno Resistencia Galega no período 2005-2014. Partindo dun enfoque crítico e mediante a aplicación de diversas técnicas de análise textual e a realización de entrevistas en profundidade, investigamos o rol que desempeñaron os medios no conflito, é dicir, a maneira en que lle deron voz e visibilidade a identidades e intereses en competencia, e as influencias que exerceu o poder político neste proceso. Para iso, seleccionamos tres cabeceiras que representan distintas posicións ideolóxicas e que pertencen, ao mesmo tempo, a esferas mediáticas diferenciadas, a dos medios dominantes e a dos alternativos. Trátase dos diarios La Voz de Galicia, ABC e o xornal mensual Novas da Galiza.
PALABRAS CHAVE independentismo, conflito, propaganda, prensa, Resistencia Galega
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados