Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Sustainable milk production systems in humid areas using farm resources

  • Autores: Ana Isabel Roca Fernández
  • Directores de la Tesis: Antonio González Rodríguez (dir. tes.), María Elvira López Mosquera (codir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2011
  • Idioma: inglés
  • Títulos paralelos:
    • Sistemas sostenibles de producción de leche en zonas húmedas con utilización de recursos de la explotación
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Antonio Rigueiro Rodríguez (presid.), María Rosa Mosquera Losada (secret.), Fernando Vicente Mainar (voc.), Conrad Patrick Ferris (voc.), Orlando Pablo Vázquez Yáñez (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Dialnet Métricas: 1 Cita
  • Resumen
    • English

      The study in this Thesis of "Sustainable Milk Production Systems In Humid Areas Using Farm Resources" contributes to the knowledge of the main factors to control for reducing feeding costs of milk production in humid areas of the European Arc Atlantic as Galicia (NW Spain). The base of this research is in the use of available farm resources and the management of the grazing system with emphasis on some of the factors derived from pasture (stocking rate, pre-grazing herbage mass, daily herbage allowance, residence time at pasture, source of forage/concentrate in the ration and levels of supplementation at pasture) and animal (state and number of lactation, cow genotype and animal behaviour at grazing/in confinement) that influence on the complex interaction between both. It seeks, thereby, to achieve an efficient conversion from grass into milk, in a competitive and profitable way taking into consideration the current context of the region in which the quality and fatty acid profile of the final product has become particularly relevant in recent years. The work carried out during the current Thesis was divided into three major sections associated to six experimental trials conducted at different European Research Institutes. It was examined some of the most important factors that influence on the interaction between pasture and animal, with the aim of obtaining a multidisciplinary approximation to sustainable pasture-based milk production systems using fresh grass as a main ingredient of the diet in dairy cows. From the trials undertook, it was highlighted the importance of applying appropriate grassland management practices at farm level, whether increasing the stocking rate (Trial 1.1.- CIAM) or changing the sward structural characteristics, combining pre-grazing herbage mass and daily herbage allowance per animal (Trial 1.2.- Moorepark), in order to achieve greater herbage utilization, with lower post-grazing residues and maintain higher sward quality on subsequent grazing rotations. The quality of pastures in these conditions, with lower dry matter and fiber content (acid and neutral detergent) and higher levels of crude protein, water soluble carbohydrates and digestibility provided higher milk quality (with higher content of protein and fat). Choose the type of cow more adapted to the milk production system selected improved its efficiency and in this thesis two milk production systems were evaluated using two cow genotypes (Holstein-Friesian vs. Normande), fed with and without concentrate at pasture (Trial 2.1.- Pin au Haras). The behavioral activities of two cow genotypes (Holstein-Friesian vs. Jersey crossbreed), during daily time budget, were determined in animals managed in a low inputs grazing system vs. a high inputs confinement system (Trial 2.2.- Hillsborough) related to food demands and needs of lying and rumination in both herds. Due to in pasture-based milk production systems, there is a high dependence on fresh grass in the diet of dairy cows it was possible to increase the added value of the final product (milk) with higher content of conjugated linoleic acid. This fatty acid is considered beneficial for human health and its intake was increased using a grazing diet in those Galician farms that relied on pastures for feeding their cows (Trial 3.1.- CIAM). The use of concentrate containing oilseeds in the diet of dairy cows was considered also as a way to improve the fatty acid profile of milk, both at grazing and in stable (Trials 3.1.- and 3.2.- CIAM). In the future, using proper grassland management strategies will be crucial in humid areas in order to optimize sward quality and daily pasture dry matter intake, maximizing milk production per cow and per hectare, with an increase also in milk quality due to better fatty acids profile, and making Galician dairy farms more sustainable and competitive.

    • galego

      Esta Tese Doutoral foi realizada no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL) da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto de Investigación RTA2005-00204-00 titulado “Evaluación da eficacia de sistemas sustentables de produción de leite a través da aplicación de sistemas de soporte de decisións e de metodoloxías prácticas de estimación da inxestión de nutrintes en explotacións comerciais de Galicia”, financiado polo Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), do Ministerio de Educación e Ciencia, e en colaboración coa Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante catro anos, a doutoranda foi beneficiaria dunha beca de Formación de Persoal Investigador financiada polo INIA e realizou o Máster en Industria e Economía Leiteira da USC e cinco estancias en centros de investigación e universidades extranxeiras baixo a supervisión de varios investigadores internacionais.

      O obxectivo principal desta Memoria de Tese, incluíndo no seu título, forma parte da filosofía do CIAM "O estudo de sistemas sustentables de produción de leite en zonas húmidas baseados no emprego dos recursos da explotación". Este estudo permitiunos afondar no coñecemento do importante papel que a produción de leite, baseada no uso dos pastos (principalmente as gramíneas e leguminosas) xoga nas rexións temperadas do Arco Atlántico Europeo, a fin de acadar un aproveitamento eficiente da superficie agraria existente en Galicia, reducindo os custos de alimentación do gando vacún e obtendo produtos lácteos con un alto valor engadido debido a unha mellora no perfil de ácidos graxos do leite.

      O traballo levado a cabo durante esta Tese divídese en tres seccións principais descritas no Capítulo IV nas que se plantexan seis ensaios experimentais realizados en diferentes Centros de Investigación Europeos. Neles, estúdanse algúns dos factores máis importantes que inflúen na interacción entre o pasto e o animal, co obxectivo de obter unha visión de conxunto e integrada dos sistemas de produción de leite baseados no emprego dos pastos para a alimentación do gando vacún.

      En primeiro lugar, preséntase a sección titulada a Inxestión de Herba a través do Manexo do Pasto (Ensaio 1.1.- CIAM e Ensaio 1.2.- Moorepark); en segundo lugar, a sección correspondente ao Sistema de Pastoreo (Ensaio 2.1.- Pin au Haras e Ensaio 2.2.- Hillsborough) e, en terceiro lugar, a relativa ao estudo da Calidade do Leite: o Perfil de Ácidos Graxos (Ensaio 3.1.- CIAM e Ensaio 3.2.- CIAM).

      Fruto da visión multidisciplinar que supón o estudo de sistemas sustentables, presentase unha cuarta sección, tamén dentro do Capítulo IV, que inclúe outros traballos de investigación que, sen establecer ensaios específicos no campo, tratan outros aspectos e complementan a avaliación dos sistemas de produción de leite en pastoreo existentes en zonas húmidas, entre eles: (1) unha revisión bibliográfica dos diferentes métodos non destructivos para determinar a oferta de herba pre-pastoreo, (2) a determinación da urea en leite como un índice diagnosticador da ración do gando vacún de leite en pastoreo, (3) a medida do contido de macronutrintes no pasto por medio dun equipo de espectroscopía de reflectancia no infravermello cercano (NIRS), (4) o balance de nitróxeno ao animal e a determinación -XLIIIdas emisións de óxido nitroso derivadas dun sistema de pastoreo rotacional con aplicación de dúas cargas gandeiras, (5) a variación estacional na composición do leite e (6) a avaliación dun sistema de recría de xatas en pastoreo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno