Toponimia do concello de Lugo é unha análise das 325 aldeas nas que se dividen as 55 parroquias que forman actualmente o termo municipal de Lugo, ademais doutros 59 lugares, algúns deles desaparecidos, que se corresponden con barrios, portas, prazas, rúas, etc., que aínda que non figuran no nomenclátor da Xunta de Galicia, si constan nos mapas urbanos do concello ou na documentación antiga.
Partindo das ocorrencias medievais que atopamos de cada topónimo na documentación catedralicia e en mosteiros tanto da contorna como máis afastados, inténtase dar unha explicación etimolóxica e unha motivación semántica de cada nome de lugar. A análise das formas vai acompañada desas atestacións medievais coas que se intenta probar a orixe proposta.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados