Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A proteína μNS do reovirus aviario como ferramenta biotecnolóxica: avance no sistema "IC-Tagging" e aplicación en vacinas

Iría Otero Romero

  • Os reovirus aviarios son virus sen envoltura lipídica e xenoma de ARN bicatenario.

    Utilizan como estratexia de replicación no citoplasma da célula infectada a creación de corpos de inclusión de natureza proteica. Son os denominados viroplasmas ou factorías virais. O estudo no noso laboratorio da proteína μNS, que fundamentalmente forma estas inclusións, deu lugar ao IC-Tagging, un sistema de etiquetado molecular de proteínas con diferentes aplicacións biotecnolóxicas. Entre estas destacan: o estudo in vivo de interaccións entre proteínas e a purificación de proteínas funcionalmente activas. O traballo que agora se presenta, afonda no coñecemento do sistema e amplía as súas posibilidades de aplicación. Propóñense solucións para facer máis sinxelo o método en aplicacións in vivo. Mellórase á xeración, purificación e estabilidade das inclusións do sistema. Desenvólvese un método in vitro para o estudo da morfoxénese viral. Finalmente, preséntase os resultados acadados no uso dun tipo de inclusións do sistema IC- Tagging como vacinas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus