Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Perfil dos alumnos que abandonan o ensino básico, cursado en réxime ordinario, sen o título de graduado en ESO

Pilar Morandeira Roel

  • A elaboración do perfil-tipo do alumno que abandona o ensino básico, cursado en réxime ordinario, sen o título de Graduado en ESO debería servir para comprobar se as características que o configuran son propias e únicas de cada un ou son comúns a todos eles e, en que medida, dependen do contexto espazo xeográfico no que residen. Para dar resposta a estas dúas cuestións proponse unha investigación, dende o paradigma ecolóxico, na que se aborda o estudo dos contextos do espazo xeográfico, sociocultural e educativo, escenarios das vidas destes alumnos. O marco teórico de referencia parte da idea de que os feitos sociais, así coma os educativos e escolares, non son realidades illadas, senón que están configurados en sistemas polo que o seu estudo debe afrontarse dende unha perspectiva estrutural. No contexto escolar inclúese un desenrolo das dúas leis en vigor no tempo que abrangue esta investigación, a LOGSE e a LOE. Da análise comparativa dos resultados extráense as conclusións que permiten comprobar a existencia de características comúns a todos eles, algunhas dependentes do contexto espazo xeográfico no que residen.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus