Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea.: o papel de Juan Rof Codina

Diego Conde Gómez

  • Os cambios que se produciron no campo galego entre o século XIX e o XX, non pode ser entendido sen o coñecemento da labor de persoas e colectivos, que loitaron por introducir e difundir no noso país os novos progresos técnicos que viñan do resto de España e Europa, sacando a Galicia da crise agraria de fins do século XX Así, neste traballo tomase como base a labor realizada neste ámbito por Juan Rof Codina para tratar de aportar novos coñecementos sobre o papel que xogou a profesión veterinaria na mellora pecuaria da Galicia Contemporánea. Tratase de contextualizar a veterinaria entre a segunda metade do século XIX e a primeira metade do século XX, período no cal prodúcese un dos principais cambios que se levaron a cabo na profesión, xa que neste momento conviven o final da Albeitería e o comezo da Veterinaria científica.

    OBXECTIVOS 1. Establecer o contexto histórico de Juan Rof Codina (1874-1967) describindo o entorno político e social da sociedade agraria da época e a situación da veterinaria en Galicia e España durante este período 2. Realizar o estudio biográfico e bibliográfico da persoa de Rof Codina.

    3. Levar a cabo un análise da súa obra, achegándonos ao seu maxisterio, o papel divulgador que xogou a mesma, centrándonos principalmente na labor desenvolvida a prol da mellora pecuaria en Galicia.

    4. Descrición do nacemento e evolución das estructuras publicas e privadas referentes a sanidade e mellora gandeira na Galicia contemporanea 5. Recuperación da memoria gráfica da veterinaria a través do fondo fotográfico de Rof Codina.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus