Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A lingua no Parlamento de Galicia

Xosé Luís Vázquez Somoza

  • A lingua no Parlamento de Galicia achega o modelo de lingua empregado polos deputados na sétima e oitava lexislaturas a través dun estudo fonético, morfosintáctico e léxico, que, desde a confrontación coa normativa oficial, analiza as formas que se afastan da variedade estándar, especialmente aquelas que son debidas á influencia da lingua castelá. A partir dun corpus textual constituído por 113 unidades provenientes da gravación doutros tantos deputados nas dúas lexislaturas, e, á luz dos estudos de sociolingüística máis recentes, examínase o comportamento dos tres grupos políticos presentes no Parlamento, BNG, PSdG e PP, en relación co achegamento ou afastamento ao castelán. Factores como idade, lugar de nacemento e nivel de estudos dos parlamentarios téñense en conta á hora de valorar o modelo de lingua presente en cada unha das tres formacións políticas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus