Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Invasiones biológicas en islas: Dinámicas, impactos y gestión

Lucía Latorre Piñeiro

  • Os ecosistemas insulares son particularmente vulnerables ao impacto das invasións biolóxicas, a miúdo agravadas polas complementariedades ou sinerxias das especies co-invasoras. Tras estudar o impacto contrastado de dúas especies invasoras herbívoras sobre unha especie vexetal endémica das illas baleares, no meu proxecto de tese pretendo afondar no estudo da dinámica e os efectos destes procesos invasores. Para iso estudarei por unha parte, o efecto da rata negra (Rattus rattus) sobre especies animais insulares, como depredadora sobre aves nativas da illa de Sa Dragonera (Mallorca). Por outra parte estudarei os efectos sobre a biota nativa do complexo invasor que actualmente ocupa o Parque Nacional das Illas Atlánticas (Galiza), analizando paralelamente as relacións tróficas e espaciais entre as especies integrantes deste complexo: rata negra (Rattus rattus), coello europeo (Oryctolagus cuniculus), gato cimarrón (Felis catus) e visón americano (Neovison vison). Ademais de avaliar o impacto destas especies sobre a biota nativa, extraerei de cada estudo recomendacións para a súa xestión. Con este fin, considerarei solucións alternativas á erradicación e avaliarei a orde e intensidade de control idóneas de cara a evitar resultados contraproducentes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus