Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A igualdade sexual na diversidade cultural

  • Autores: Yolanda Martínez Suárez
  • Directores de la Tesis: María Xosé Agra Romero (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2010
  • Idioma: portugués
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Lourdes Méndez Pérez (presid.), Lois Álvarez Pousa (secret.), Rosa Cobo Bedía (voc.), Neus Campillo (voc.), Rita María Radl Philipp (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A tese de doutoramento aborda o debate entre feminismo, espazo discursivo do que parte, e multiculturalismo. Con este obxecto, parte da análise e reflexión teórica sobre a relación entre cultura e xénero. A construción patriarcal da muller como obxecto natural, tradicional e recluída na esfera privada xera dificultades de mobilidade cultural para as mulleres. Na sociedade de globalización actual esta cuestión ten unha aplicación práctica nas correntes inmigratorias transnacionais femininas. A mobilidade xeográfica non sempre está ligada á mobilidade cultural, sobre todo cando os suxeitos que emprenden un proxecto migratorio son mulleres.

      Partindo destas premisas teóricas, examinamos o acceso das mulleres inmigradas á esfera pública, no contexto español, a través dos medios de comunicación. En concreto, analizamos a representación mediática das inmigradas na prensa rexional galega (La Voz de Galicia e Faro de Vigo) e catalá (El Periódico de Catalunya e La Vanguardia) de referencia entre 2004 e 2006. A metodoloxía escollida para esta tarefa é mixta.

      Combinouse a Análise Crítica do Discurso coa Teoría do Marco (Framing Theory) e a análise semiótica das imaxes. A análise da mostra de diarios complétase cos resultados da realización de 224 enquisas a inmigradas residentes en Cataluña e Galicia para comprobar a súa percepción da propia representación mediática.

      Nesta investigación guíanos a hipótese da construción social ¿mediática- das inmigradas como vítimas sen axencia, estratexia que implica o reforzo da heterodesignación patriarcal das mulleres nun contexto de posible mobilidade cultural.

      As conclusións da tese veñen a confirmar esta afirmación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno