Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Normas de estilo de publicación en Quinesia: Revista de educación especial

Página web de la revista

Normas de Estilo de la Publicación

[10-05-2005]
ADMISIÓN DE ORIXINAIS
QUINESIA pretende ser un verdadeiro voceiro dos diversos profesionais e de todas aquelas persoas que queiran reflexionar e expoñe-las súas inquedanzas sobre o contorno da atención ós nenos con necesidades educativas especiais. Para eso está aberta ás aportación que podades enviar. Aportación que, por motivos de eficacia, deberán cumpli-los seguintes requisitos:
* Os traballos que se envíen deben ser inéditos. Estarán mecanografiados a dobre espacio en papel tamaño folio, ou, preferentemente, en disquete de ordenador en calquera dos procesadores de texto que existen no mercado para ordenadores PC, en soporte de tres pulgadas e media.
* Os temas han de estar relacionados coa Psicoloxía, a Pedagoxía ou a práctica educativa e a formación para ó traballo, e a súa incidencia no mundo dos nenos xóvenes con necesidades especiais.
* A publicación ou non dos orixinais será responsabilidade do Comité de Redacción, que valorarán tanto o interese coma a calidade e o seu axuste ó tema monográfico que corresponda.
* O idioma dos orixinais será, preferentemente, o galego. De non ser así e, no caso de que o artigo fose publicado, o mesmo Comité de Redacción encargarase de traducir ou facer que se traduza ó galego o devandito orixinal.
* Os traballos deben ir acompañados dun breve resumo no idioma castelán e inglés


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus