Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A guerra da España na memoria da raia

  • Autores: Natalia Jorge Pereira
  • Localización: Revista de Estudos Miñoráns, ISSN-e 2340-2644, Nº. 18, 2019, págs. 89-106
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Nos últimos anos, a memoria da guerra ten ocupado un lugar destacado na opinión pública chegando o debate a novos ámbitos fora dos círculos académicos. O presente texto supón un achegamento a esa memoria da guerra pero a través doutra mirada: os ollos dos veciños da marxe portuguesa. Un traballo que busca analizar a memoria que sobre a Guerra da España confeccionaron os veciños portugueses, sen dúbida testemuñas privilexiadas dos sucesos do 1936.

      O presente texto é froito da investigación realizada ao longo do ano 2014 no municipio de Vila Nova de Cerveira (Portugal) e que foi presentada no Máster de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente nas Jornadas de Estudos, Memória, Património e Devir: entre futuros passados e tempos inéditos organizados polo Instituto de História Contemporânea (Universidade Nova de Lisboa, 20 abril 2017).

      As liñas de investigación desenvolvidas céntranse na determinación do corpus da memoria dos habitantes da poboación raiana, as súas limitacións e os fenómenos que determinan esa memoria tecida por unha comunidade fortemente vinculada ao lugar dos sucesos mais tamén ás persoas involucradas no mesmo.

      PALABRAS CHAVE: Guerra Civil, represión, contrabando, fronteira, raia, memoria

    • English

      Memories about the war have occupied a prominent position in the public´s collective mind in the last years, what has moved debates about the armistice out of the academic field. This text is meant to be an approach to the war memories but from a different perspective: the views of the neighbours in the Portuguese shore. A study that intends to analyse the recollections about the war that lie in the memory of our closest neighbours, privileged witnesses to the 1936 events.

      This text is the result of research done in the year 2014 in Vila Nova de Cerveira (Portugal), presented in the Máster de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela and after in the Jornadas de Estudos, Memória, Património e Devir: entre futuros passados e tempos inéditos, organized by the Instituto de História Contemporânea (Universidade Nova de Lisboa, 20th April 2017).

      The investigation centres on the body of memories belonging to the citizens of the border village, who were strongly connected both to the place and people involved in the events.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno