Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Influencia da socialización nas redes sociais e da autoestima sobre os trastornos da conduta alimentaria na adolescencia: respostas dende o traballo social

  • Autores: Paula Frieiro Padín, Rubén González Rodríguez
  • Localización: Revista galega de traballo social "Fervenzas", ISSN 1698-5087, ISSN-e 2254-7657, Nº. 26, 2023, págs. 235-239
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A tese de doutoramento aborda os trastornos da conduta alimentaria (TCA) e as recentes dinámicas de socialización que se foron xerando dende a aparición e o uso xeneralizado das redes sociais por parte das persoas máis mozas. A través do compendio de publicacións científicas, e mediante análises cuantitativas e cualitativas, analizouse a influencia da autoestima e do uso das redes sociais sobre os TCA na adolescencia. Os resultados mostran que a socialización en redes, as variables persoais e familiares e a autoestima inciden no risco de padecer TCA. Ante estas situacións, e desde a óptica do Traballo Social, observouse que a profesión pode mellorar o impacto que os TCA provocan sobre o proxecto de vida da persoa afectada, así como no plano e na dinámica familiar. Ademais, no desenvolvemento da tese creouse unha ferramenta preventiva en formato de aplicación móbil para minimizar o impacto das condutas de risco derivadas da socialización en redes sociais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno