Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A rede de hortas municipais de Santiago de Compostela (Galiza) e as súas implicacións para a educación ambiental

  • Autores: Kylyan Marc Bisquert Pérez
  • Localización: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, ISSN 1887-2417, Vol. 23-24, Nº. 1, 2017 (Ejemplar dedicado a: A educação ambiental como resposta ás súas fragilidades e como contributo para viver nos seus limites. A Terra é unha ilha.), págs. 141-163
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The municipal network of urban gardens in Santiago de Compostela (Galicia) and its implications for environmental education
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Santiago de Compostela conta con hortas urbanas municipais dende 2008 grazas a un proxecto piloto de instalación de parcelas no parque de Belvís, no marco dunha estratexia consistorial para diversificar os usos das zonas verdes en clave de ocio saudable. Como finalidades, a recuperación dos saberes tradicionais, a mellora paisaxística e a promoción da agricultura ecolóxica. Nove anos despois, coa disposición de novas instalacións como resposta á demanda, a cidade goza dunha rede que integra cinco espazos máis, sumando ao redor de duascentas parcelas. O perfil das participantes é diverso, facilitando interaccións interxeracionais e á emerxencia de dinámicas sociocomunitarias. Porén, malia o seu potencial socioeducativo, non se conta cun programa de Educación Ambiental asociado dende 2011. Este traballo pretende salientar a relevancia destes equipamentos para a promoción dunha alimentación sustentable e a reconciliación cidadá coa riqueza cultural e biolóxica dos agroecosistemas galegos. Para tal fin, profúndase nesta experiencia dende as olladas das súas protagonistas, mediante entrevistas semiestruturadas a usuarias e responsables técnicas e políticas, complementadas cun grupo de discusión. O que en definitiva se pretende é suscitar a reflexión acerca das implicacións deste tipo de iniciativas para a construción dunha cultura da sustentabilidade social e ambiental nos contextos urbanos galegos.

    • English

      Santiago de Compostela has municipal urban gardens since 2008 thanks to a pilot project of allotment instalation in Belvís park, related with a strategy of the city council for diversify the green zones uses including a healthy leisure way. The aims were the recovery of traditional knowledge, the landscape improve and the ecological agriculture promotion. Nine years after, with the new instalations as answer to the citizen demand, the city has a network with fve spaces more and around two hundred allotments. Participating profle is diverse, wich allows intergenerational relationships and the emergence of comunitary dinamics. However, despite it social and educative potential, there isn’t an Environmental Education program since 2011. This work expects to emphasise the relevance of these equipments to promote a sustainable feeding and the citizen reconciliation with the cultural and biological heritage of the galician agroecosystems. For that, it goes in depth in this experience since the protagonists view by semistructured interviews to users and technic and politic reponsibles, complemented with a discussion group. Defnetily, it hopes to arouse a refection about implications of these initiatives for the build of a social and environmental sutainability culture in the galician urban contexts.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno