Ayuda
Ir al contenido

A transmisión do patrimonio arqueolóxico a través da Interpretación. Estudo de caso sobre o Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota (A Coruña, Galicia)

  • Autores: Patricia Trasmonte Martínez, Íria Caamaño-Franco, María Elvira Lezcano
  • Localización: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, ISSN 1887-2417, Nº. 18, 2014 (Ejemplar dedicado a: A educación ambiental, un instrumento para a divulgación e conservación do patrimonio), págs. 23-47
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The transmission of Archaeological Heritage through Interpretation. A case study focusing on the Open Archaeological Museum of Carnota (A Coruña, Galicia)
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O propósito deste artigo é  presentar a importancia da Interpretación como medio de difusión do patrimonio, neste caso, patrimonio arqueolóxico con uso turístico. Para iso, escolleuse o Museo Aberto de Carnota (A Coruña, Galicia) debido ao crecente interese suscitado nos últimos anos, feito que se manifesta tras a súa posta en valor (escavación, mellora da accesibilidade, sinalización...). Non obstante, este uso crecente, tanto por parte da poboación local como de turistas espontáneos, pon en situación de vulnerabilidade e risco de conservación aos recursos que conforman o Museo Aberto xa que non existe un correcto planeamento da súa xestión. Por tanto, debido a que a posta en valor foi proposta dende un uso de lecer espontáneo e non dende a perspectiva do uso turístico, cómpre desenvolver  un plan de intervención  no recurso. Neste contexto, a metodoloxía empregada baseouse nas técnicas cualitativas: observación participante e entrevistas en profundidade, que permitiron realizar unha avaliación da súa situación actual. Finalmente preséntanse as conclusións á vez que se mostra unha proposta pre-interpretativa que podería servir como base para un futuro plan de intervención.

    • English

      The aim of this paper is to present the importance of Heritage Interpretation for heritage promotion, and specifically, archaeological heritage with a tourist purpose. This Museum was chosen due to its increasing interest over the last years, in terms of valuing cultural heritage (excavations, improvement of accessibility, signalling...). Nevertheless, the Open Museum resources are in a risk of   vulnerability and bad conservation if we consider the increment of visitors, both local population and tourists, because of the lack of a good management planning. It should therefore be developed a behaviour intervention plan in the resource, as it was valued for a spontaneous leisure use and not from a tourist perspective. In this context, the study used qualitative techniques, such as participant observation and in-depth interview, to evaluate the present situation.  Finally, some conclusions are presented as well as a pre-interpretive proposal that could constitute a future planning basis.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno