Neste traballo avalíase a importancia botánica para a conservación da contorna da Fraga de Sto. Estevo do Ermo, situada no concello de Barreiros (Lugo, NW España). Dentro das 331 ha que comprende este espazo, identificáronse un total de total de 219 taxons de plantas vasculares, das que 19 (8,6% do total) son Pteridófitas. Seis taxóns, entre eles os fentos Dryopteris aemula, Vandenboschia speciosa e Woodwardia radicans, son especies protexidas cuxas poboacións locais están asociadas ás 15,2 ha que ocupan os 6 tipos de hábitat do Anexo I da DC 92/43/CEE (dous deles de carácter prioritario) recoñecidos na área de estudo. A pesar da reducida superficie que ocupan estes ambientes ecolóxicos, este enclave pode cualificarse como un lugar de gran relevancia para a conservación das pteridófitas a nivel rexional.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados