Mamasunción es una obra seminal del cine gallego dirigida por Chano Piñeiro. Está en el cierne del resurgir cinematográfico en el país en los ochenta y fue quien de llevar los temas y una mirada local y propia sobre nosotros al otro lado de nuestras fronteras donde alcanzó numerosos premios.
Chano compartió una larga y cordial amistad con el fotógrafo de Forcarei, Manuel Barreiro Ouro, y con su familia, particularmente con su hijo Pablo, compañero, amigo y complice del realizador en su obra. El papel de esta familia es fundamental en el interés del cineasta por la fotografía, por el cine y por nuestra cultura. La relación que mantuvo Chano, durante toda su vida, con su aldea natal, los primeros años de vida y la amistad de Pablo y Xosé Luís Barreiro Rivas tendrán un papel fulcral que influirá en la obra del cineasta.
En este texto abordamos su relación con la tierra y con los vecinos, con la cultura propia y con el país. Desgranamos el discurso ideológico que Chano muestra en la cinta y, finalmente, su relación con el Nuevo Cine Gallego.
Trabajo premiado en la VI edición de los "Premios María Luz Morales de Ensayo sobre el Audiovisual" (2022), en la categoría "Mejor Ensayo Escrito sobre Audiovisual Gallego"
Mamasunción é unha obra seminal do cinema galego dirixida por Chano Piñeiro. Está no cerne do rexurdir cinematográfico no país nos oitenta e foi quen de levar os temas e unha mirada local e propia sobre nós para alén das nosas fronteiras onde acadou numerosos premios.
Chano compartiu unha longa e cordial amizade co fotógrafo de Forcarei, Manuel Barreiro Ouro, e coa súa familia, particularmente co seu fillo Pablo, compañeiro, amigo e complice do realizador na súa obra. O papel desta familia é fundamental no interese do cineasta pola fotografía, polo cinema e pola cultura de noso. A relación que mantivo Chano, durante toda a súa vida, coa súa aldea natal, os primeiros anos de vida e a amizade de Pablo e Xosé Luís Barreiro Rivas terán un papel fulcral que influirá na obra do cineasta.
Neste texto abordamos a súa relación coa terra e cos veciños, coa cultura propia e co país. Debullamos o discurso ideolóxico que Chano deita na fita e, finalmente, a súa relación co Novo Cinema Galego.
Traballo premiado na VI edición dos "Premios María Luz Morales de Ensaio sobre o Audiovisual" (2022), na categoría "Mellor Ensaio Escrito sobre Audiovisual Galego"
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados