Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Santiago de Compostela: Caminos del saber, del andar y del creer : XII Congreso Internacional de Estudios Jacobeos

Paolo G. Caucci von Saucken (coord.), Manuel Antonio Castiñeiras González (coord.)

  • As actas do XII Congreso internacional de estudos xacobeos son o resultado de darlle continuidade ao longo proceso que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago iniciou no ano 1992, abrindo novas fronteiras á investigación. Nesta ocasión, un grupo de profesionais reuniuse na cidade de Santiago de Compostela, do 22 ao 26 de marzo de 2022, co propósito de analizar a peregrinación xacobea das derradeiras décadas; unhas xornadas divididas en tres epígrafes: o saber da investigación, o andar das redes de itinerarios e hospitais, e o crer da espiritualidade e das devocións do Camiño. O congreso pon de manifesto, unha vez máis, a relevancia dos relatores e a calidade e variedade das intervencións, con recoñecidos investigadores de España, Alemaña, Canadá, Italia, Francia, Polonia, Xapón, Grecia e os Estados Unidos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus