O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes, a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer.
Tamén está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusión social; a loita pola igualdade de xénero; a globalización e o xeito de influenciar na economía, na política e na cultura; a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unión Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemáticas que nos atinxen.
Ao longo dos diferentes capítulos o lector pode descubrir como están condicionando estas cuestións o territorio de Galicia, a súa natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educación, a poboación e a despoboación, a riqueza e a pobreza, a saúde mental, as migracións, a reconfiguración urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñecido prestixio que fan unha análise precisa e con proxección de futuro.
págs. 13-31
Ordenando o territorio: Estrutura, problemáticas e solucións
págs. 33-48
Perspectiva da transición ecolóxica en Galicia
Fernando Bruna, Fernando González-Laxe, Federico Martín Palmero
págs. 49-63
O turismo en Galicia no primeiro terzo do Século XXI: retos e oportunidades
Íria Caamaño-Franco, Eduardo Guillén Solórzano, Manuel Martínez Carballo
págs. 65-78
págs. 79-92
A evolución da poboación galega: estamos ante unha crise demográfica?
Antía Domínguez Rodríguez, Santiago Mendoza Cortés, Antía Pérez-Caramés
págs. 93-109
Pesca artesanal, gobernanza e océanos sostibles na Galicia do Século XXI
Antonio García Allut, Javier Seijo Villamizar, Federico Martín Bermúdez
págs. 111-130
págs. 131-145
págs. 147-165
págs. 167-180
págs. 181-193
Panorama da migración en Galicia e impacto da pandemia na integración social da poboación inmigrante
págs. 195-205
A presenza das Comunidades Autónomas na Unión Europea: especial referencia á Comunidade Autónoma de Galicia
págs. 207-218
págs. 219-232
págs. 233-244
A Galicia festivaleira: unha aproximación á festivalización musical na Galicia do Século XXI
págs. 245-258
págs. 259-274
págs. 275-291
A cultura do humor en Galicia: a sociedade humorística na Galicia do Século XXI
págs. 293-306
págs. 307-322
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados