Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Centenario de Manuel Murguía 1923 > 2023

Imagen de portada del libro Centenario de Manuel Murguía 1923 > 2023

Información General

Resumen

  • Transcorridos cen anos desde a morte do fundador da Real Academia Galega, a pegada das ideas de Manuel Murguía é aínda visible en como galegas e galegos pensan o país, a identidade galega, en como se pensan a si mesmos. Murguía foi o pensador que construíu o paradigma do celtismo e do rexionalismo, unha personalidade clave na institucionalización da cultura galega que desempeñou tamén un papel importante nas relacións coa colectividade galega en América. A súa é unha vida moi completa que merece ser rescatada e lanzada cara ao futuro.

    As xornadas coas que a Real Academia Galega quixo conmemorar o centenario do pasamento do que foi o seu primeiro presidente, celebradas o 2, o 9 e o 16 de febreiro de 2023, trataron de revelar a pluralidade e a complexidade da súa figura e da súa obra. As nove contribucións recollidas neste volume poñen o foco sobre Murguía e sobre as institucións, a idea de Galicia e a literatura nacional; compleméntanse ofrecendo distintas facetas do pensamento murguián e abren, asemade, camiños aínda por explorar.

Otros catálogos

Identificadores de libro


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno