Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Galiza Mater, raíz anterga: Manuel Rodrigues Lapa na lingua e na cultura galegas da man de Francisco Fernández del Riego

Imagen de portada del libro Galiza Mater, raíz anterga

Información General

Resumen

  • "Á Galiza de sempre, raiz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrígues Lapa antepuxo á súa monumental edición das Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.

    Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollar que Lapa deitou sobre Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialmente despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movementop galeguista, o filólogo portugues demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondencia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboración coa resistencia galeguiosta nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreita relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das Cantigas é testemuño perenne.

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno