A pretensión de Vía Galega, con esta publicación, é popularizar e divulgar os nosos símbolos nacionais, coñecer a súa historia e significado. Pór ao dispor de toda a sociedade e das distintas organizacións, asociacións, agrupacións e entidades de todo tipo a bandeira e o himno musicado coa letra restaurada. O himno e a bandeira represéntannos e identifícannos como Nación. Son a expresión do ser colectivo e da nosa existencia como Pobo e do dereito a existir libremente. O desleixo e desprezo da Xunta de Galiza para con todo o que nos recoñece e nos fai galegos e galegas condúcenos a que teñamos que ser outros os que suplamos a súa misión e obriga de procurar a máxima propagación e coñecemento dos nosos símbolos nacionais
Cantar a nazón de Breogán: o himno galego
págs. 9-24
págs. 25-33
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados