Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego

Imagen de portada del libro Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego

Información General

Reseñas

Resumen

  • Desde as súas orixes, as artes escénicas tiveron unha significativa capacidade de transformación social porque nacen en, de e para a sociedade, entendida esta desde o amplo espectro do desenvolvemento humano. Así sendo, este Congreso foi organizado para contribuír á transformación social adecuándose aos novos valores e retos –a convivencia, a igualdade, a sustentabilidade, a diversidade e o carácter inclusivo– e aspirando a realizar unha posta en común da situación actual e dos problemas do teatro galego, en confronto con outros modelos internacionais de creación, produción, xestión e distribución. As achegas ao Congreso, que aquí se presentan, pretenden contribuír á transformación da nosa contorna inmediata e daquelas sociedades que desexaren considerar este proxecto que nace coa vontade de servir de guía para profesionais, xestores e público co 2030 no horizonte.

    Desde a súa xestación, a Academia Galega de Teatro identificou como un dos seus obxectivos fundamentais a celebración do I Congreso Internacional do Teatro Galego. A idea xurdiu tras corenta anos de exercicio profesional, cunha vocación de pluralidade e de apertura a todas aquelas experiencias e manifestacións do sistema teatral galego. Por esta razón, todos os esforzos foron concentrados na procura da participación do maior número de sectores con implicación directa na produción dramática galega.

    O Congreso tivo o seu referente histórico no I Encontro do Teatro Profesional celebrado en Ferrol en xuño de 1988 coa participación dun sector importante da profesión e dos representantes políticos daquela altura e cuxos resultados, publicados en 1991, constituíron un auténtico activador de políticas teatrais. Mais, tras trinta anos, esas políticas precisan ser renovadas para se adaptar a unha realidade moi diferente.

    Certamente, a sociedade non deixa de evoluír e, en consecuencia, a realidade teatral e política mudan constantemente. Por esta razón, consideramos que era necesario revisar profundamente todo o que atinxe ao teatro e ás políticas teatrais. As reflexións derivadas deste I Congreso Internacional representan, pois, un auténtico plan estratéxico para o futuro do Teatro Galego.

Otros catálogos

Identificadores de libro

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno