No ciclo da vida, Fina M. Antón e M. Mandianes tratan dun xeito novo unha morea de cousas vellas. A través de detalles, os autores van introducindo ó lector no mundo subterráneo da vida cotiá galega. Pouco a pouco, o lector decatarase de que moitas cousas parecen parvadas, cando se ollan coma se tal cousa, teñen importancia de abondo para ser consideradas nun libro, cando se ollan como debe ser. Todo o mundo fala das ánimas pero ninguén se atreverá, polo de agora, a estudiar o que fan as ánimas no máis alá; Fina M. Antón e M. Mandianes atrévense e pensan que iso que se chaman crenzas, supersticións, e otras cousas, agochan unha visión do mundo e unha filosofía da vida.
Alquén pode pensar que se trata dos galegos de antaño; pero engánase. As cousas, os costumes, as crenzas, máis que desaparecer, transfórmanse noutras distintas que, ben miradas, veñen a se-las mesmas. O Ciclo da vida de Fina M. Antón e M. Mandianes é o libro da filosofía galega da vida
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados