Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Cómo se llega a ser millonario: (edición facsimilar)

Miguel Bendamio Montero, Xosé M. Núñez Seixas (pr.)

  • Cómo se llega a millonario, novela «de ambiente aresán» publicada na Habana no 1925 polo emigrante Miguel Bendamio Montero (1873-1938), é un exemplo de vindicación ficcionada da obra dos ausentes. O autor, un aresán residente en Cuba dende finais da década de 1880, comerciante de éxito, xornalista amador comprometido coa democracia, co rexionalismo e coa loita anticaciquil, foi tamén un dos iniciadores da Alianza Aresana fundada na Habana no ano 1904, da que foi directivo. Na obra, Bendamio recrea o ascenso social dun emigrante de Ares, un fillo de artesáns con certa instrución que parte para Cuba a finais do século XIX, trasládase a México e remata como potentado do petróleo nos Estados Unidos. Logo de trinta anos de ausencia, o indiano retorna a Ares no seu iate e enxerga marabillado a obra da Alianza Aresana, á que doa parte da súa herdanza. Con iso, Bendamio elaboraba unha imaxe idealizada do bo retornado da emigración, que redescubría a súa patria de orixe grazas ao labor das sociedades de instrucción; e enxalzaba así mesmo o papel rexenerador que correspondería aos ausentes na modernización das súas vilas e bisbarras de orixe


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus