Familia e Capitalismo é unha monografía en tres partes. A primeira estuda as relacións que se establecen entre o sarxento e os soldados na práctica da instrución militar como se fora un caso de laboratorio. A metodoloxía e os resultados teóricos que aí se conseguen son aplicados na segunda parte do libro ó estudo, primeiro, da prohibición do incesto (cfr. Lévi-Strauss) e, logo, da compravenda de forza de traballo (cfr. Marx). Utilizando o mesmo método -un método que chamamos lingüístico e político- a última parte estuda a relación entre ambas prácticas sociais, en particular a relación entre a familia e o capitalismo que é contemporánea nas sociedades occidentais.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados