Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As políticas municipais de xénero en España: o caso dos municipios galegos

Imagen de portada del libro As políticas municipais de xénero en España

Información General

Reseñas

Resumen

  • Neste libro realízase unha aproximación ás políticas de xénero implementadas polos gobernos municipais galegos durante a lexislatura 2007-2011. Así, en primeiro lugar, descríbense as principais características de ditas políticas e, a través do deseño dun índice cuantitativo, mídese o seu nivel de desenvolvemento nos municipios galegos. En segundo lugar, a través dunha análise multivariable, examínase a influencia que teñen sobre as políticas municipais de xénero un conxunto de factores que segundo a literatura especializada poden ser relevantes. Os resultados da investigación empírica realizada amosan que a maioría dos municipios galegos estaban realizando políticas de xénero durante o período analizado e que no nivel de desenvolvemento de ditas políticas influían de forma importante tres tipos de actores: as mulleres presentes nas corporacións municipais, o movemento de mulleres e feminista presente nos municipios e o partido político nos gobernos municipais. Asemade, verase que tamén tiñan incidencia outras dúas variables de tipo contextual: o tamaño e a provincia dos municipios.

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno