Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Camino de Santiago: guión para una película

Ramón Otero Pedrayo, Laura Tato-Fontaíña (ed. lit.)

  • A petición de Suevia Films, Ramón Otero Pedrayo escribe en 1952 o guión para unha película documental sobre o Camiño de Santiago. A recuperación do texto dese guión demostra a súa capacidade para observar os cambios producidos na sociedade galega e adaptarse a eles ao tempo que explica algunhas das cuestións que non eran doadas de entender na súa obra literaria da posguerra. Igual que en 1929 publicara "A lagarada" para un futuro teatro galego, agora escribiría para unha futura cinematografía galega. O interese do autor de "Arredor de si" polo cinema e a súa vontade de colaborar nel mostran a modernidade dun escritor que nunca renunciou a levar a literatura aos outros eidos da realidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus