Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Rosa tántrica

Luz Pozo Garza, Olivia Rodríguez-González (ed. lit.), Henrique Alvarellos Casas (ed. lit.)

  • Luz Pozo Garza regresa á poesía en galego cuns versos retadores. Asistimos a un microcosmos poético moi singular. Afastada de calquera moda ou tendencia, a escritora e filóloga —nada en Ribadeo en 1922 e autora do seu primeiro libro de poemas hai case setenta anos (Ánfora, 1949)— establece aquí un diálogo con Jorge Luis Borges a partir do relato “La rosa de Paracelso”, onde o escritor arxentino narra a historia do mago alquimista e do seu incrédulo discípulo. Neste conto, Borges afonda na orixe da creación como algo transcendente. Sobre estes vimbios constrúe Luz, ceibe, a súa Rosa tántrica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus