Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de 18 años con el arquitecto Louis I. Kahn

August Komendant, Fernando Agrasar-Quiroga, Oscar Tenreiro, Kenneth Frampton

  • A publicación do libro de August Komendant sobre a súa experiencia de dezaoito anos de colaboración con Louis I. Khan é unha das tarefas editoriais máis destacadas e oportunas que acometeu o Colexio de Arquitectos de Galicia. É un libro sobre a vida no “interior” do proceso de proxecto nas deliberacións do momento do traballo, os seus conflictos e as súas contradiccións. E esta reflexión ten lugar ó redor da obra dun arquitecto ó que a critica non ten dúbida xa en considerar fundamental na historia do século terminado, e indispensable para entender o acontecido na súa segunda metade. A edición inglesa do libro é inencontrable e constitúe unha referencia “de culto” nos obradoiros de proxectos de América e Europa. O Colexio de Arquitectos incorpora á súa lista de publicacións este documento indispensable para a cultura arquitectónica nas nacións das falas ibéricas. Fernando Agrasar foi o responsable da preparación desta edición e a decidida participación da Delegación da Coruña o pulo definitivo no que tamén colaborou a Comisión de Cultura do Colexio de Arquitectos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus