Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Delimitación das áreas metropolitanas funcionais da Coruña e Vigo

Imagen de portada del libro Delimitación das áreas metropolitanas funcionais da Coruña e Vigo

Resumen

  • O obxectivo deste documento é delimitar as fronteiras das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, identificando nominalmente todos e cada un dos municipios que as compoñen. Este traballo de delimitación lévase a cabo a través dunha análise estatística das características demográficas, socioeconómicas e funcionais dos municipios das provincias de Vigo e A Coruña, dirixida a obter en cada unha delas un subconxunto de municipios que, polos seus trazos distintivos e a súa relación de interdependencia (e de dependencia con respecto ao correspondente polo metropolitano), sexan claramente diferenciables do resto e reúnan as propiedades que adoitan considerarse propias dunha área metropolitana.

    O documento está organizado en cinco seccións. A primeira, de carácter introdutorio, presenta o concepto de área metropolitana e explica a relevancia do obxectivo proposto. A segunda repasa sumariamente as estratexias e os criterios de delimitación de áreas metropolitanas que son utilizados máis habitualmente na literatura especializada sobre o tema. Na terceira sección presentamos as variables e técnicas estatísticas empregadas nas análises. Os resultados destas son expostos con detalle na sección cuarta. Finalmente, o documento péchao un apartado de recapitulación e conclusións.

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno