Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Homo peregrinus

Imagen de portada del libro Homo peregrinus

Información General

Resumen

  • A peregrinación a Santiago de Compostela non constitúe un fenómeno illado, senón que aparece relacionadode forma complexa con multitude de aspectos desta sociedade e coa súa estructura. Tal e como se vén practicando na actualidade, encerra dúas compoñentes fundamentais: a relixiosa e a turística.O peregrino exprésase a través de símbolos e practica unha serie de ritos, connaturais da peregrinación, que son unha manifestación externa do peregrino. Os símbolos acadan un sentido profundo e sempre apuntan máis aló de si mesmos.Cando o peregrino fai o Camiño, intenta alcanzar un misterio, e o misterio soamente se pode representar a través de símbolos, non pola linguaxe corrente. Fronte ás continxencias da vida cotiá, chea de problemas, o elemento sagrado constitúe unha realidade máis poderosa e chea de sentido.Logo da exposición das teorías que explican os distintos aspectos da peregrinación e o comportamento dos peregrinos, Homo peregrinus dá conta dos que visitan Santiago de Compostela, do xeito de organizar a súa viaxe, das motivacións, das organizacións encargadas de socializalos e das políticas sacras e profanas que inciden sobre o Camiño e as persoas que o percorren.

Otros catálogos

  • Citas a capítulos: 5 Citas

Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno