Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Trama e urda: contribucións multidisciplinares desde os estudos galegos

Imagen de portada del libro Trama e urda

Información General

Resumen

  • Con «Trama e urda: contribucións multidisciplinares desde os estudos galegos» ve a luz un volume colectivo que amosa a variedade de fíos e técnicas que se entrelazan para conformar o tecido presente dos estudos galegos. As autoras e autores dos dezaoito traballos que acó se inclúen atópanse en distintos puntos dunha carreira profesional que se desenvolve tanto dentro coma fóra de Galicia, proba da crecente extensión xeográfica dos estudos galegos. Boa parte das achegas enmárcanse nos tradicionais eidos da lingua, da historia e da literatura mais tamén se inclúen dous traballos que se ocupan da divulgación da lingua galega grazas a Internet e da divulgación científica, especialmente na Galicia do século XXI. Son, polo tanto, contribucións multidisciplinares que pretenden achegar novas análises, datos e perspectivas variadas sobre temas específicos. Dentro desta diversidade de traballos, todos eles teñen en común que foron presentados no X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) «Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos», celebrado en setembro de 2012 na universidade galesa de Caerdydd (Cardiff).

  • Citas a capítulos: 3 Citas

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno