Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As Irmandades da Fala, cen anos despois

Imagen de portada del libro As Irmandades da Fala, cen anos despois

Información General

Reseñas

Resumen

  • Este volume, organizado polo grupo ILLA (Investigación Lingüística e Literaria Galega) da Universidade da Coruña, foi concibido coa vontade de contribuír a situar no presente a vixencia e proxección das Irmandades da Fala como decisiva proba da autoorganización política e da distintividade literaria e artística que emprenderon os seus artífices, ao unir teoría e praxe ao servizo innovador da presenza pública da lingua galega e ao afirmar a “soberanía estética da nazón galega”, tal e como proclama o seu manifesto fundacional. A colección de estudos que agora se presenta está composta por dezaoito traballos, elaborados por especialistas en diferentes ámbitos, que discorren desde as reflexións de conxunto sobre as achegas que incorporou este movemento, até a análise pormenorizada de diferentes aspectos, todos eles esenciais para entender a visión totalizadora que as Irmandades da Fala propuxeron en relación co labor de construción nacionalitaria da Galiza.

Otros catálogos

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno