Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Manuel Mera: a paixón militante : lembranzas e reflexións dun dirixente do nacionalismo galego

Imagen de portada del libro Manuel Mera

Información General

  • Autores: ,
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2000
  • Año de publicación: 2000
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-536-1
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Xan Leira (Buenos Aires, 1955), guionista, productor e director de cine e TV, recolle neste libro, que Xerais publica dentro da súa colección “Crónica”, as lembranzas e reflexións de Manuel Mera, un dos dirixentes nacionalistas máis influintes das tres últimas décadas. Un longo diálogo aberto que aborda con fondura a peripecia vital, política e sindical de quen o actual presidente da Confederación Intersindical Galega (CIG): dende a recuperación da memoria da súa nenez na aldea natal de Seoane, no concello de Allariz á primeira viaxe, con só cinco anos, a Buenos Aires; dende a militancia na colectividade galega á militancia na esquerda arxentina; dende o retorno definitiva a Galicia ó nacemento de ERGA; dende a loita na clandestinidade á consolidación da UPG e do sindicalismo nacionalista.

    Unha longa conversa que recolle tamén as opinións e reflexións políticas de Manuel Mera sobre a situación do nacionalismo e de Galicia na actualidade, abordando cuestións como a coordinación entre as forzas nacionalistas, as actuais relacións entre a CIG e o BNG, o papel da CG no novo marco laboral, a orientación futura da UPG, a configuración dun nacionalismo aberto, o papel da historia para manter a identidade do pobo, as relacións estratéxicas de Galicia con outros países, os fenómenos da globalización, e a necesidade dunha redefinición do Estado.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno