Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Aurelio Aguirre (1833-1858) y otros

Lucía García Vega, José Antonio Seijas Quintana (pr.)

  • Aurelio Aguirre (1833-1858) y otros é o título dun novo libro da escritora lucense Lucía García Vega. Unha vez máis, Edicións do Cumio aposta polo rescate e a difusión dunha gran figura galega. Ademais de aportar datos inéditos sobre o admirado poeta compostelán e un dos promotores do simbólico banquete de Conxo (1856), esta investigadora reúne, entre outras cousas, un número importante de textos dedicados a Aurelio Aguirre, en prosa e tamén en verso, polas principais voces da intelectualidade galega e foránea da segunda metade do século XIX e a primeira do XX. Os irmáns Francisco e Antonio de la Iglesia, Manuel Murguía, Alfredo Vicenti, Valentín Lamas Carvajal, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, José López de la Vega, Manuel del Palacio, Antonio Villar Ponte, Emilia Pardo Bazán, e un longo etcétera ata completar a variada nómina de corenta e sete suxeitos dos máis diversos ámbitos. Así mesmo o libro contén un prólogo de excepción, elaborado polo maxistrado da Sala 1ª do Tribunal Supremo de Madrid, don José Antonio Seijas Quintana, descendente de Aurelio Aguirre.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus