Desde hai moito tempo vense reiterando que Vigo é unha cidade sen historia, unha urbe moderna carente dun pasado memorable. nada máis lonxe da realidade. O preto de medio milleiro de libros e artigos publicados, sobre todo nos últimos tempos, son unha proba palpable da vitalidade e do interese que xenera o pretérito olívico. Este libro recolle achegas bibliográficas sobre a historia de Vigo desde as remotas orixes ata a última posguerra cando xa se van esquecendo os acontecementos. Quérese pór a disposición de investigadores, profesores e amantes do noso pasado un caudal de información que lles poida ser de utilidade á hora de buscar materiais para traballos técnicos ou á hora de deleitarse coa lectura.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados