Enrique Alonso Población (coord.), Sharon R. Roseman (coord.)
Este libro nace como un instrumento de estudo e análise para investigadores, profesionais e estudantes de ciencias sociais e humanas con intereses nos temas de xénero. O obxectivo deste volume é cuádruplo. O primeiro é poñer enriba da mesa material etnográfico, estudos de casos pasados e presentes, máis información de campo uso de analistas e técnicos, coa finalidade de que ese material etnográfico poida ser integrado nas discusións sobre a natureza e características das desigualdades de xénero en Galicia, e así nas políticas de igualdade. O segundo obxectivo é publicar en galego algúns artigos que para moitas persoas dedicadas ao estudo e á investigación permanecen en ocasións inaccesibles; algúns inéditos, outros publicados en revistas científicas ou en libros no estranxeiro. O terceiro obxectivo é pover dunha visión das mulleres galegas dende a versión analítica de antropólogas e antropólogos estranxeiros, que poida así enriquecer o intercambio de ideas sobre os sistemas de desigualdade e o funcionamento do poder. Por último, este libro é en si mesmo unha defensa da importancia da comprensión en profundidade a través da análise de casos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados