Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Pensares galegos: mulleres decisivas

Imagen de portada del libro Pensares galegos

Información General

Resumen

  • Quixemos pórlle cara e darlle voz a decisións, esforzos e pensamentos galegos con nome de muller; agrupar un patrimonio humano, decisivo na Galiza contemporánea, para difundilo e contribuír ao seu recoñecemento. Porque os avances cara á igualdade escríbense con nome e apelidos e hai nestas páxinas datos e ideas dabondo para confirmar talentos por veces infravalorados pola súa condición feminina e argumentos elocuentes para que homes e mulleres combatamos as discriminacións que nos manteñen afastados da igualdade real.

    As personalidades da recente vida sociopolítica galega non se esgotan na nosa escolma, feita desde o nacionalismo co ánimo de alentar a visibilidade social das mulleres con responsabilidades públicas resaltando, ao tempo, a súa condición de escandalosa minoría nos ámbitos de poder. Sabemos que, como en toda escolla, deixamos xente fóra mais confiamos en que as traxectorias recollidas sirvan de estímulo e exemplo para quen queira nadar contracorrente, nesta e noutras causas a prol da liberdade, da igualdade e da fraternidade entre pobos e entre seres humanos.

    Para ese obxectivo poden servir tamén as ideas que nos prestan algunhas protagonistas deste libro, escritos agrupados sen un plan previo, escollidos libremente polas autoras, que deron finalmente nuns pensares galegos cheos de sabedoría e alento libertario. Quede constanza do noso agradecemento a todas as mulleres reseñadas pola súa colaboración e da nosa intención explícita de suscitar iniciativas que procuren os mesmos fins nos máis diversos sectores políticos, sociais e culturais da nación galega.

    Despois das difíciles tres décadas recollidas nestas páxinas, o novo ciclo político aberto co resultado das recentes eleccións autonómicas debera facer máis doada a participación e a presenza de mulleres nas tomas de decisión sobre os asuntos públicos.

  • Citas a capítulos: 1 Citas

Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno