Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de De fala a lingua: un proceso inacabado

María Pilar García Negro

  • Este volume reúne artigos, estudos e traballos varios de case unha década, a inicial deste século, referidos á lingua de noso. Ordenados de forma cronolóxica, quer a casualidade que o primeiro, do ano 2000, se titule cunha pregunta que aínda segue vixente: a quen ofende o (idioma) galego? Xogabamos daquela co dupla posiblidade: o nome da lingua e nós mesmos, a Galiza, as galegas e os galegos, metonimia e símbolo que seguen a ser practicábeis no presente: a quen lle sobra –si, sen eufemismos– a existencia de Galiza e do signo principal que a exterioriza? Vai ser máis potente a forza destrutora dos colonizadores de antano e de hoxe, en alianza co autoodio dos nativos, do que a ansia por deixar de liquidármonos?


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus