Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Teatro circo, tres textos

Imagen de portada del libro Teatro circo, tres textos

Información General

Resumen

  • O presente traballo ten como obxectivo fundamental realizar unha aproximación de urxencia ás actividades dramáticas e culturais de Teatro Circo (1967-1978), o primeiro colectivo galego plenamente identificado co teatro independente e, sen dúbida, o máis representativo e actuante deste movemento en Galicia.

    Para comprender o papel paradigmático desempeñado por este grupo no case inexistente panorama teatral da Galiza da altura –reducido á estreita actividade en español das compañías comerciais e dos colectivos de teatro de cámara e ensaio–, faise necesario, primeiro de todo, profundar nas circunstancias que envolveron o renacemento do teatro galego após a guerra civil.

    A seguir, a partir dunha breve achega aos postulados ideolóxico-estéticos que guiaron o traballo escénico e investigador levado a cabo polo Teatro Circo e ás súas principais conquistas, pretendemos determinar na súa xusta medida a relevancia desta experiencia, decisva non só para a recuperación, modernización e difusión do teatro galego durante a ditadura franquista, mais temén para o seu posterior desenvolvemento, xa na época democrática.

    Finalmente, e co obxectivo de ilustrar o percorrido trazado neste breve estudo, reprodúcense tres pezas inéditas de Manuel Lourenzo estreadas polo Teatro Circo: Crónica de sol de inverno (1971), Erros e ferros de Pedro Madruga (1972) e Hipólito (1973).

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno