Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana

Carlos Paulo Martínez Pereiro

  • Ensaio de Carlos Paulo Martínez Pereiro sobre a importante manuscrita caligráfica do poeta Uxío Novoneyra.

    Trátase dunha abordaxe contextualizada tanto no espazo xeral das relación plástico-escriturais occidentais e orientáis, como no ámbito máis particular do exercicio da poesía visualizante e caligráfica de que o poeta do Courel foi un eximio cultor.

    Ao longo das páxinas desta obra, percórrense e analízanse diversos momentos e diferentes escritores e artistas –en especial, mais non só, brasilerios, portugueses e galegos– que representan a múltipla escrita manual e a varia poesía de teror plasticizante, así como se indaga nas influencias e afluencias de dupla obediencia plástica e literaria a respecto da inxente poesía xestual novoneyriana, en que, finalamente, o estudo, por medio dunha representación gulliverizada da mesma, se centra.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus