Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) e Manuel María (1929-2004) foron dous homes que nos séculos XIX e XX amosaron a súa preocupación polos problemas e polo desenvolvemento de Galiza en todos os seus eixos. Eles, alén doutros homes e mulleres, souberon equiparar a Galiza a outras nacións no plano intelectual, literario e político, a pesar de todos os impedimentos e falta de apoios cos que contaron.
Este volume ofrece primeiro unha aproximación á vida e obra de cada un deles, continúa cunha pequena introdución ás cartas editadas e conclúe coa edición dos documentos epistolares.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados