A conmemoración do douscentos aniversario do nacemento de Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814) constitúe unha inmellorable ocasión para profundar nun aspecto clave da súa vida e obra; de feito, a cerna de toda a súa extraordinaria andaina: o seu pensamento e práctica indixenistas. Foi o seu un compromiso co mundo aborixe que desbotaba radicalmente a brutal perspectiva etnocéntrica e racista habitual na época do Imperio británico; a saber: aquela que consideraba os indíxenas miserentos corpos «sen alma», refugallos dunha «raza destinada a extinguirse» e, mesmo, seres da caste «dos orangutáns». O fincapé feito na súa extraordinaria dimensión misioneira ou a desnortada atención á súa lendaria importación do eucalipto a Galicia agacharon a cerna mesma do seu proxecto vital, os seus ímprobos esforzos a prol da autonomía persoal e política dos aborixes australianos como seres humanos dotados de dereitos individuais e colectivos e, xa que logo, de futuro cívico. Labor que desenvolveu en todo momento en aberta belixerancia contra discursos e prácticas establecidos tanto da man do protestantismo como do catolicismo da época, discorrendo ben lonxe dos modos dos evanxelistas do Imperio.
Rosendo Salvado e o mundo aborixe: unha interpretación da autonomía dos pobos nativos á luz do legado dun pioneiro
págs. 15-34
págs. 35-40
Salvado: a man of and before his time
págs. 41-52
págs. 53-58
Rosendo Salvado: unha epopea beneditina nos antípodas
págs. 59-86
Salvado's archives: a unique legacy
págs. 87-102
págs. 103-116
págs. 117-140
Salvado e o indíxena australiano: da mesma raza humana: igualdade e dignidade "ante litteram"
págs. 141-160
"On my ground": indigenous farmers at New Norcia 1860s-1900s
págs. 161-184
págs. 185-208
págs. 209-228
págs. 229-233
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados