Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros

Imagen de portada del libro A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros

Información General

Reseñas

Resumen

  • A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, publicouse o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, constitúen un magnífico expoñente de como era a oralidade galega decimonónica.

    O estudo lingüístico do cancioneiro, elaborado por Xosé Manuel Sánchez Rei, achéganos ás características do galego oral popular da época, e en especial da actual provincia coruñesa. Mais, igualmente, coadxuvará na recuperación de casuísticas e xiros gramaticais usuais na altura, e que hoxe se achan nunha situación crítica de esmorecemento.

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno