Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Gramática histórica galega I: Fonética e morfosintaxe

Manuel Ferreiro Fernández

  • Esta obra cobre un espazo no panorama editorial galego que estaba sen ocupar: a historia da evolución da nosa lingua, o principal sinal de identidade como galegos. O rigor con que se aborda a evolución da lingua e ambiciosa intención globalizadora que rexe o traballo converte este primeiro volume da Gramática Histórica Galega nunha referencia imprescindíbel e nunha ferramenta necesaria para calquera persoa que se quixer aproximar á fonética e á morfosintaxe da nosa lingua.

    Percorrendo este sistemático ensaio filolóxico, o lector poderá achegarse ás palabras da tribo desde a orixe latina, acompañar os seus aconteceres, devalar con elas nunha mecánica evolutiva apaixonante ou perderse nas varias direccións que foron conformando o galego e conformándonos a nós mesmos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus